HomesociedadeA Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na Festa dos Avós de Láncara xunto ao Alcalde do municipio, Darío Piñeiro, e deputados e deputadas provinciais. Unha cita que se celebrou na carpa do Campo da Feira da Pobra de San Xiao, e que reuniu a unhas 500 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este encontro “de recoñecemento aos maiores, tan necesario, por toda unha vida de traballo, por todo o que aportaron e polo que seguen aportando, que é moito”, destacando así mesmo o valor da festa para a “convivencia, porque reforza os lazos entre xeracións e entre toda a veciñanza”.

Destacou o Presidente que a Deputación de Lugo “valora moito este tipo de iniciativas porque as políticas sociais –as que serven para crear e para mellorar os servizos públicos- deben ser prioritarias”. “Así o defendemos e así o practicamos na institución provincial”, sinalou, engadindo que o Goberno que encabeza destina máis dun terzo do Orzamento ás políticas sociais con diferentes iniciativas, como o Servizo de Axuda no Fogar, a teleasistencia 24 horas ou a rede de centros públicos de atención ás persoas maiores.

No encontro, Tomé Roca destacou a colaboración entre o Concello e a Deputación para sacar adiante proxectos “moi positivos” para Láncara, para mellorar o municipio e as condicións de vida dos veciños e veciñas.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...