HomesociedadeA Federación de Asociacións da Ribeira Sacra oponse á instalación de Altri...

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra oponse á instalación de Altri en Palas de Rei

Dende a Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) amosan a súa solidariedade coa Plataforma Ulloa Viva e todo o movemento vecinal en oposición á instalación da fábrica de ALTRI en Palas de Rei.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo apunta a Federación, “o proxecto de macrocelulosa busca obter inxentes fondos públicos, por volta de 300 millós de euros, para facer pasar por economía verde e descarbonizadora algo que non o é, ameazando ecosistemas como o río Ulla e a ría de Arousa e pondo en risco o sector agrogandeiro – tan necesario – da comarca da Ulloa”.

Alerta de que se ameazan especies protexidas e unha zona catalogada como Rede Natura. Asemade, sinalan que a produción de fibra a partir de eucalipto afondaría no aumento da superficie desta especie invasora no interior galego, ademais dos riscos na saúde das persoas que provoca esta actividade.

“Como territorio que vivimos, tamén, a ameaza de especulación dos nosos recursos por parte de grandes complexos industriais, reivindicamos a necesidade de plans económicos nas nosas zonas que teñan en conta a sustentabilidade ambiental e a xeración de riqueza entre a poboación”, aseguran desde a FEARS.

“As Administracións deberan apostar por investir os 250 millóns de euros de Fondos Next Generation que reclama o proxecto de Altri para ser viable en actividades económicas na zona interior galega que señan medioambiental e socialmente viables, centrándose no necesario desenvolvemento da agrogandeiría sostible, nun contexto de necesidade de soberanía alimentaria”, conclúen desde a Federación de Asocacións da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...