Homesociedade7M€ para a supresión de 7 pasos a nivel na liña Ourense-Monforte-Lugo

7M€ para a supresión de 7 pasos a nivel na liña Ourense-Monforte-Lugo

Pedro Blanco estivo en Ourense onde percorreu os dous puntos que vai mellorar o organismo do Ministerio de Transportes, e que son os cruces de Tarascón e de Peliquín (nos puntos quilométricos 42/743 e 45/245 da liña ferroviaria que conecta Monforte de Lemos con Vigo).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou da mellora da seguridade na liña do tren ao paso polas localidades de Ourense e Sarria coa próxima supresión de 7 pasos a nivel nos que ADIF inviste 7 millóns de euros.

Pedro Blanco detallou que o ADIF abriu a licitación dos dous contratos nos cruces de Tarascón e de Peliquín, o pasado 10 de abril. O prazo de presentación de ofertas finaliza o vindeiro 23 de maio. En Ourense, o ADIF promoverá a supresión de dous pasos cun investimento de 2,82 millóns de euros e cun prazo de execución de sete meses. No caso de Sarria, o contrato inclúe a supresión de cinco pasos a nivel, cun investimento de 4,14 millóns de euros e 18 meses de prazo para executar as obras.

O delegado sinalou que as dúas obras que se desenvolverán en Ourense responden a demandas da cidadanía da contorna. En concreto, no Peliquín, ADIF eliminará o paso actual e instalará unha pasarela elevada sobre as vías do tren. A nova estrutura situaríase a 400 metros do paso actual, e tería unha altura de ata sete metros.

En Sarria, a actuación de ADIF contempla a construción de dous pasos superiores e un paso inferior, así como a reordenación dos camiños. Neste concello, os pasos que se suprimirán son os situados nos puntos quilométricos 386/169, 386/644, 386/975, 387/316 y 388/492 da Liña 800 León – A Coruña.

Estas actuacións enmárcanse no plan de modernización da liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 kilómetros) que o Goberno está acometendo con máis de 550 millóns de euros. Este investimento servirá para reforzar a fiabilidade e a capacidade do trazado e contribuír a mellorar os tempos de viaxe na liña.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...