HomesociedadeRuta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

Ruta xeolóxica do alumnado do IES A Pinguela

Os cursos de 4º ESO e 1º de Bacharelato con Bioloxía participaron nunha ruta científica dirixida polo xeólogo ourensán Eduardo González Clavijo.

Publicado o

- Advertisement -

A natureza concibida como unha gran aula foi o escenario dunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES A Pinguela para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que guiou o xeólogo ourensán Eduardo González Clavijo.

Os escolares saíron do centro para percorrer unha ruta xeolóxica por terras da comarca de Lemos e as ribeiras do río Sil. A primeira etapa desta viaxe científica tivo lugar na parroquia da Parte, onde lembraron brevemente a historia do noso planeta e a orixe da vida.

Nas proximidades de Monforte, os estudantes puideron observar a estrutura das arxilas que integran o terreo do val de Lemos, así como detectar as fallas na súa configuración. Desde o Monte de San Vicente, en Monforte de Lemos, o xeólogo explicolles como se formou o Val de Lemos e trasladáronse a continuación a Canabal para continuar o seu estudo xeomorfolóxico.

Explicacións onde a Torre da Homenaxe de Monforte. Foto: IES A Pinguela.

Xa pola tarde, coñeceron a formación xeolóxica da Fervenza do Cachón no río Vaos e a zona das Marmitas de Xigantes e puideron  estudar a formación coñecida como Ollo de Sapo e analizar a súa singular tipoloxía de rochas. Remataron a xornada cun baño nas frías augas que este ano leva esta fervenza.

“Foi unha moi interesante ruta guiada que cada ano organiza o noso departamento de Bioloxía co fin de achegar mellor a xeoloxía ao alumnado”, comentaba o director do centro, Enrique Sampil.

Foto de familia da excusión divulgativa / IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...