HomesociedadeChantada acollerá unha xornada de diálogos sobre a profesionalizacion do Turismo

Chantada acollerá unha xornada de diálogos sobre a profesionalizacion do Turismo

Será o vindeiro 13 de maio, de 17 a 19:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada estando organizada pola ONG "Acción contra el Hambre" e en colaboración co concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 13 de maio, o Auditorio Municipal de Chantada será o punto de encontro dunha xuntanza centrada no turismo e coa que abrir diálogos sobre o futuro do sector. Está organizada pola ONG “Acción contra el Hambre” e en colaboración co Concello de Chantada.

Esta actividade, enmarcada no proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostiblefinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE; ten vocación de ser a primeira dun percorrido que permita que entidades, empresas e cidadanía conversen, desvelen potenciais, estuden sinerxías e, en definitiva, colaboren para construír un futuro para todos e todas de maneira consciente e en consonancia co desenvolvemento rural.

Acción contra el Hambre fai un chamamento a todas aquelas persoas profesionais do sector turístico, e tamén a aquelas outras interesadas ou que consideran que poden explorar novas oportunidades neste eido: estudantes, asociacións, persoas desempregadas, empresas do sector primario ou servizos, emprendedoras, etc.

Nesta primeira reunión haberá representación do Concello de Chantada e do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra; e poderase falar de financiación, desestacionalización, profesionalización, emprego, actividades complementarias… Partindo das intervencións dos/as presentes e cun enfoque participativo, intentando identificar ideas e obxectivos que dean continuidade a estas xuntanzas. Sempre coa vista posta na creación e mellora do emprego e na dinamización territorial como formas de fixar poboación no rural.

Para máis información ou confirmar asistencia pódese contactar co teléfono 648 16 68 48 ou enviar un correo a arandolfe@accioncontraelhambre.org.

ÚLTIMAS

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...