HomesociedadeBrinde en Pantón para celebrar o 'Día do Viño D.O.'

Brinde en Pantón para celebrar o ‘Día do Viño D.O.’

Farase durante a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón e está organizado pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra únese este sábado, 11 de maio, á celebración do Día Viño D.O. 2024. Ás 13:30 o seu presidente Antonio Lombardía sumarase ao brinde colectivo no que participan simultaneamente as 35 denominacións de todo o país e que neste territorio será acollido durante a XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. A organización desta iniciativa parte da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) e ten como obxectivo achegar o viño con denominación de orixe á xente e crear conciencia sobre o seu impacto positivo nas zonas rurais de España.

Nesta oitava edición do Día Viño D.O. o foco estará na contribución das denominacións de orixe do viño á cohesión social dos territorios nos que se sitúan. Baixo o lema “As denominacións de orixe dan vida aos nosos pobos. Celebremos o que nos une!”, promoverase unha conversación en redes sociais co hashtag #VINODOcohesionsocial.

Ademais do brinde, a Mostra de Viños de Pantón estará chea de actividades como actuacións musicais en vivo, entrega de premios do concurso fotográfico Rede Ribeira Sacra-Viticultura Heroica, degustacións de viño con D.O. en catas comentadas e maridaxes gastronómicas.

Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 2017. Foto: Roberto Eireos

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...