HomesociedadeO Centro de Día de Quiroga estrea servizo de transporte

O Centro de Día de Quiroga estrea servizo de transporte

Esta semana comezaba cun vehículo de propiedade municipal adquirido grazas a unha achega ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e conducido por persoal do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa está en marcha o novo vehículo co que conta o Centro de Día de Quiroga para recoller aos usuarios e usuarias que o soliciten. O novo servizo comezaba oficialmente esta semana, momento que aproveitou o Equipo de Goberno para presentalo.

O novo coche, que ademais manexará persoal xa en nómina do concello, suporá un aforro en custos para o Concello de Quiroga ao poñer fin á externalización do servizo de transporte que estaba funcionando estes anos.

O Equipo de Goberno solicitou unha subvención á Consellería de Política Social e Xuventude para a adquisición deste vehículo destinado a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O Centro de Día é un centro xestionado polo concello que ofrece servizos xerontolóxicos, socio–terapéuticos e de apoio ás familias no edificio situado na Ribeira. Pero tamén conta con servizos complementarios como é o servizo de manutención e dietas e o servizo de transportes de recollida a domicilio. Este servizos funcionan a demanda dos usuarios e usuarias.

O VEHÍCULO ADQUIRIDO

O vehículo dispoñible ten unha gran capacidade que permite que os usuarios e usuarias entren e saian facilmente. Ademais está capacitado para poder adaptarse como transporte de persoas con mobilidade reducida, podendo adaptalo máis adiante para acoller unha cadeira de rodas na súa parte traseira; algo que, como matizaron o Alcalde, José Luis Rivera, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández, na presentación, ten en mente o Equipo de Goberno.

Xosé Manuel Fdez. e José Luis Rivera co vehículo que realiza o transporte do Centro de Día / Concello de Quiroga

“Para máis información sobre este servizo, así como o seu custo, poden dirixirse ao Centro de Día onde lle darán cumprida información de todo o relacionado con estas instalacións”, comentan dende Alcaldía e Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...