HomesociedadeMarida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A iniciativa Marida Maio está organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL). A Deputación de Lugo impulsa estes encontros gratuítos que se celebran todos os xoves deste mes á tardiña no Centro do Viño da Ribeira Sacra, na cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade e Cruceiro, o bo facer do restaurante monfortino Manuel Bistró e a Fundación Belarmino Fernández Iglesias de Sober.

Para próximas xornadas, que serán os días 23 e 30 de maio de 19:30 a 21:00 horas, participarán outras adegas, restaurantes e empresas turísticas para dar a coñecer os seus produtos e servizos. A asistencia é gratuíta, pero é preciso reservar no 982 412 050  ou no 982 404 715 porque a capacidade está limitada a 30 persoas.

A institución provincial enmarca esta iniciativa no acordo polo que aporta 40.000€ á APEHL para a posta en marcha de iniciativas e accións formativas para hostaleiros da provincia. A Deputada, García Porto, destacou que “a Ribeira Sacra é un tesouro que debemos preservar e promover, non só polo seu valor paisaxístico, senón tamén polo seu rico patrimonio gastronómico e vitivinícola. Temos diante de nós unha oportunidade única para destacar os nosos viños, os nosos alimentos e todo o noso saber facer”.

Neste sentido, afirmou, “é crucial apostar polo turismo sostible porque debemos garantir que o crecemento económico vaia de man coa conservación do noso medio ambiente e o noso patrimonio cultural. Na Deputación temos clara a nosa política turística: turismo de calidade,  sostible, de proximidade e non masificado”.

A Deputada aproveitou para invitar aos monfortinos e a todos os lucenses “a desfrutar dos produtos locais e apoiar aos nosos produtores. Temos viños que son verdadeiras obras de arte, como os que hoxe podemos degustar aquí, e alimentos que nos lembran a tradición e a historia desta terra”.

Pola súa banda, a Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, felicitou ós organizadores do Marida Maio, e desexoulles “que as xornadas sexa todo un éxito, como o son outras iniciativas que organiza a Asociación, como o Cume Tapas ou o Estase Cocendo”.

E animou a todo o mundo a participar destas xornadas “porque creo que son unha oportunidade excepcional para coñecer e disfrutar dos nosos produtos gastronómicos e turísticos”.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...