HomesociedadeO 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober celebra os seus 50 anos de historia cun xantar de confraternidade que vai ter lugar o 30 de xuño no pavillón do Colexio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270 alumnos e alumnas. Na actualidade hai matriculados 64 nenos e nenas. Se ben o centro foi creado en 1973, non comeza a funcionar como colexio ata que integrou as escolas unitarias das parroquias, no ano 1974.

Desde o centro convidan a asistir a esta celebración a todas aquelas persoas que formaron ou forman parte da comunidade educativa: alumnos e alumnas, ex-alumnos e ex-alumnas, mestres e mestras, ex-mestres e mestras, persoal non docente, etc.

Durante o evento haberá exposicións de fotos antigas e tamén actuacións musicais. As entradas poden retirarse no Centro Sociocultural, na Casa do Concello ou no Colexio.

Os adultos pagarán 24 euros, 12 euros os nenos e nenas de 6 a 12 anos. Para os menores de cinco anos o xantar será gratis. O 26 de xuño é a data límite para recoller as entradas.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar neste aniversario do Colexio “un dos nosos símbolos e o espazo de formación e de encontro de todos os nenos e nenas  de Sober do último medio século”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...