Homesociedade7.000 euros de aforro coas novas melloras na iluminación da rúa do...

7.000 euros de aforro coas novas melloras na iluminación da rúa do Morín

Instalaranse luces led desde a rúa do Caneiro ata a residencia do Morín co que se consegue moita máis iluminación e unha redución do consumo eléctrico e de emisións de CO2.

Publicado o

- Advertisement -

Xa se coñece o novo proxecto para mellorar a iluminación pública na rúa Morín, dende a rúa do Caneiro ata a residencia do Morín. No futuro continuarase con estas melloras dende a residencia ata o final da recta, en Ribasaltas.

A actuación prevista consiste na eliminación da actual tecnoloxía e na instalación de luces LED, que permiten unha alta eficiencia enerxética. O obxectivo con estes cambios e mellorar a iluminación e reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2 obtendo un aforro económico do 71 % ó ano.

As instalacións actuais teñen un consumo anual de 66.906 kwh. Coas novas luminarias o consumo previsto baixará ata 19.172 kwh anuais é unha diferenza de 47.733 kwh por ano. Esta cifra tradúcese nun aforro económico de case 7.000 euros anuais.

A actuación programada contempla a reforma das seguintes seguintes instalacións:

-Cadro de mando e protección, e instalación de posta a terra.

-Eliminación das actuais luminarias ó longo da rúa Morín, que son de vapor de sodio e de baixa eficiencia enerxética, por outras novas de tecnoloxía LED.

-Cambio na disposición dalgunhas das luminarias para acadar unha iluminación máis axeitada, con novos apoios, cimentacións e luminarias. Os báculos tamén serán todos novos.

Nesta obra, o concello de Monforte vai investir 153.000 euros.

O prazo para a realización destas actuacións é de dous meses e medio

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...