HomesociedadeColócase o AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, en Monforte de Lemos

Colócase o AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, en Monforte de Lemos

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, supervisou, este luns os traballos de colocación do AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, no Parque de Cobas.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

A colocación desta presa desmontable, lévase a cabo durante a primavera para darlle continuidade lonxitudinal ó cauce natural do río Cabe e, ó mesmo tempo, mellorar a recarga subterránea da auga da lagoa, creando unha lámina de auga semellante á que consigue crear a presa do Parque dos Condes.

En época de estiaxe, a lagoa é máis sensible ás variacións que poida haber no río Cabe, xa que, debido ós caudais é mais difícil a recarga superficial da mesma a través do canal de entrada na lagoa.

Este AZUD desmontable retírase no inicio do outono, coa volta das choivas, para facilitar o paso da auga e evitar danos na medida do posible.

En xaneiro do ano 2022, en rolda de prensa e acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o Alcalde presentou o proxecto de acondicionamento da lagoa da Pinguela e a construción dunha nova presa desmontable (AZUD), unha actuación que supoxo un antes e un despois para a zona desta lagoa e o parque de Cobas, e que complementou unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2. O investimento para levar a cabo esta actuación foi de 612.000€.

Polo que respecta á nova presa desmontable, previamente executouse a demolición completa dos restos do AZUD que quedaba no cauce do río, provocada pola erosión que produciran as choivas do ano 2016.

Así, acondicionouse ese cauce cun muro de protección contra a erosión, para poder controlar os efectos que puidera ter o río Cabe neste brazo do río, que tan solo transportaría auga no caso de riadas ou aumentos de caudal.

Para substituír a vella presa, cuxos restos foron retirados para darlle continuidade ó cauce do río (en cumprimento da normativa europea, os cauces dos ríos teñen que ter garantida a conexión lonxitudinal do seu cauce), construíuse un AZUD desmontable que permite dar esa continuidade lonxitudinal ó cauce natural do río Cabe e, ó mesmo tempo, mellora a recarga subterránea da auga da lagoa, creando unha lámina de auga semellante á que consigue crear a presa do Parque dos Condes.

Tamén se incluíu a construción dunha escala de peixes de madeira para garantir a permeabilidade lonxitudinal da fauna piscícola ó longo do río e que o AZUD non supoña un obstáculo para a diversidade da zona.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...