HomesociedadeRecollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

Dende o Concello de Monforte vaise levar a cabo, como cada ano, a recollida de plásticos agrícolas nas parroquias. A data elixida para esta actuación é o 27 de maio coincidindo coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes basicamente do ensilado de herba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada, nos lugares que a continuación se especifican:

  • Marcelle (campo da festa).
  • Gullade, Nocedas e Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil).
  • Vilamarín (campo da festa).
  • Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa).
  • Bascós, Chavaga  e Sindrán (Local Social de Bascós).
  • Reigada e Fontes (Praza Mourelo).
  • Piñeira (Listo).
  • A Parte e Valverde (Barrete Proveiros).
  • Chao do Fabeiro (Campo da festa).
  • Moreda, San Xoán, San Xulián e Seoane (Local social de San Xoán).
  • Fiolleda (Carretera a Currelos).
  • Baamorto (Campo de Fútbol).

O plástico agrícola deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, os días previos ó da recollida –sábado 25 e domingo 26 de maio-, nos lugares anteriormente sinalados e habilitados para tal fin. Dende o Concello recórdase que non se deberán depositar outros tipos de plásticos que non sexan agrícolas.

O custo deste servizo, contratado coa empresa XIMA, será asumido exclusivamente polo Concello de Monforte. A recollida realizarase en tódalas parroquias que xeran plásticos e, dende alí, trasladaranse ata o punto de reciclaxe.

Os pedáneos das diferentes parroquias foron informados hai uns días por carta oficial, emitida  polo propio Alcalde, desta recollida de plásticos agrícolas así como dos lugares e a data na que se vai realizar, resultando fundamental a súa colaboración, tal e como sucedera nas anteriores recollidas, para acadar unha óptima efectividade. Lémbrase que outro xeito de eliminar estes residuos agrícolas é achegalos ao Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...