HomesociedadeDiversidade e conciliación camiñando polos miradoiros de Sober

Diversidade e conciliación camiñando polos miradoiros de Sober

A penúltima actividade da programación dos Servicios Socias do Concello de Sober, ‘Redes Lilas’, tivo lugar este sábado. Coa premisa ‘Nós trazamos o camiño’, o proxecto local, creado polas traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, organizou para as mulleres inscritas unha ruta de dificultade moderada e 4,5 kilómetros de distancia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Redes Lilas agrupou a unhas 40 mulleres nunha andaina a través dos miradoiros do concello de Sober. As participantes saíron ás 11:30h. do miradoiro da Cividade cara o do Boqueiriño, ao que chegaron ás 12:15 horas e onde seguiron gozando das vistas do Canón do Sil mentres realizaban un descanso. As sendeiristas puxeron rumbo ao punto de partida, compartindo durante todo o camiño conversas e o deleite da contorna natural. 

Unha vez alí, provistas de vasos e platos de cartón, compartiron bebidas, empanadas e tortilla procedentes de comercios e locais de restauración de Sober. Alimentos e vaixela foron preparados e proporcionados pola educadora social, Selene Arias Sáez e o Concello de Sober.

A actividade, con preto de 40 mulleres anotadas, estivo completamente adaptada á variedade de perfís existentes no espectro feminino. Acción e ambiente adecuáronse a toda diversidade posible, dende a modulación do impacto físico da ruta ata a atención á conciliación cos coidados, xa que tanto menores como mascotas foron benvidas.

O deporte foi a quinta aposta do proxecto co obxectivo de crear un espazo para a muller e traballar os vínculos relacionais entre descoñecidas e coñecidas. Coa suba da participación, contando con persoas de concellos veciños e unha muller de Suíza recentemente residente en Monforte de Lemos, ‘Redes Lilas’ está a logar tecer unha rede de apoio e referencia.

A última proposta do calendario consistirá na elaboración dun mural artístico cunha mensaxe relacionada co discurso feminista nas instalacións do Concello de Sober. O grupo feminista recorda a súa total apertura á suma de mulleres ao grupo, que conta cun espacio tamén a través de WhatsApp e unha conta de Instagram (@redes.lilas).

Redes lilas andaina / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...