José María Soriano, un dos responsables do Núcleo Zoolóxico Aula de réptiles de Mallorca falou ao alumnado do coidado destes animais e das súas características. Lembrou a importancia de NON adquirirlos NUNCA como mascotas, dado o alto risco que se lles pode
ocasionar e máis aínda ó medioambiente e ó planeta.
“Foi unha maneira impactante de aprender sobre tartarugas, serpes, réptiles, e tamén arañas, que os presentes cremos que non olvidarán, e que seguro fixeron medrar o seu
amor pola natureza, destacan desde o centro.
José María Soriano, alertou do problema que se crea no Medio Ambiente cando estes animais son abandonados nun hábitat que non é o seu. Ensinoulles a distinguir polas escamas a un lagarto dunha serpe. Puideron ver e tocar estes animais, como é a súa pel, a súa textura, si son lisos ou non, se a pel é dura ou branda, notaron a pel escamosa, o seu
corpo frío, como se retorce a súa columna vertebral ó desprazarse, etc.…Tamén falou sobre o erro cada vez más habitual de pensar que estes animais poden terse como mascotas.
Charla José María Soriano réptiles / IES A Pinguela
As estrelas do taller foron a Macroclemys temminckii (Tartaruga Caimán, orixinaria de Estados Unidos e considerada la tartaruga de auga doce más grande del mundo), Stigmochelys pardalis (Tartaruga Leopardo, de terra africana, a cuarta más grande do mundo), Pogona Vitticeps (Lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil), Lampropeltis T. Sinaloae (serpente inofensiva, coñecida como falsa coral), Araña…, e a Boa Constrictor Albina (a estrela, que sen ser grande, pesa uns 30 kilos).
Alumnado do IES A Pinguela de Erasmus
Tres alumnos do IES A Pinguela están a realizar a súa Formación en Centros de Traballo en empresas doutros países da Unión Europea coa financiación que ofrece a Carta Erasmus. Son dous meses e medio os que Álvaro Mariñas e Diego G. Guntín, do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, estarán en Novara (Italia), e Saray Carolina
Santos Kruschesky, de FP Básica Servizos Administrativos, en Porto (Portugal).
“Está a ser unha experiencia extraordinaria para eles, durante a que viven noutras linguas e culturas, coñecen uns distintos mundos empresariais e tamén melloran a súa autonomía persoal”, apuntan desde o IES A Pinguela.
Erasmus IES A Pinguela / IES A Pinguela