HomesociedadeA Ponte Vella de Monforte límpase de maleza

A Ponte Vella de Monforte límpase de maleza

Este martes procedeuse dende o Concello a acometer os traballos de limpeza da Ponte Vella, tal e como se vén facendo nestes últimos anos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos desenvólveos a Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello, e consisten na limpeza da vexetación superficial que se foi acumulando nestes últimos meses na Ponte Medieval. As tarefas supuñen o corte da maleza e limpeza das herbas, co obxectivo de  resaltar a beleza do monumento.

Para a realización destes traballos, foi necesario empregar un guindastre. Por este motivo, a Policía Local cortou o tráfico de vehículos e peóns sobre a Ponte mentres duren os traballos de limpeza.

O Alcalde salienta que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno municipal contemplou dende que iniciamos o noso mandato no ano 2015. A Ponte Medieval é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o disfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...