HomesociedadeQue facía Víctor Fábregas hoxe en Quiroga?

Que facía Víctor Fábregas hoxe en Quiroga?

O coñecido actor, humorista e presentador estivo gravando un capítulo do programa da Galega, "Sen Código Postal".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo do programa da televisión de Galicia, “Sen Código Postal”, producido por Ézaro Films, estivo este xoves 6 de xuño gravando un capítulo por terras quiroguesas.

Este espazo, da man do actor, humorista e presentador Víctor Fábregas, fai un paseo polos concellos galegos para descubrir lugares e xentes de todos os recunchos de Galicia. Fábregas, que fai o papel de carteiro no programa, chegou esta mañá en bicicleta con cartas para varios veciños que se converteron en embaixadores do Concello de Quiroga.

En Montefurado puideron coñecer este emblemático lugar e tamén o aceite do colleiteiro Pedro Soto, en Quiroga deron conta dos Murais acompañados do técnico de turismo Alejandro; e no Museo Xeolóxico estiveron co seu director, Moncho Vila. Tamén se achegaron ata a empresa Caurelor para descubrir o mundo das castañas e as marmeladas.

Víctor Fábregas, moi coñecido nas pantallas galegas dende que formou parte dos Tonechos, aproveitou un alto na gravación para saudar ao alcalde e mandar un saúdo a todos os veciños e veciñas.

Víctor Fábregas co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera. Foto: RTMQ

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada obtén as certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sostibilidade vén de conceder...

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un...

Obras na LU-P-4103, en Ferreira de Pantón

A Deputación Provincial de Lugo informa de que ata finais de decembro, a circulación...

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está...