Homesociedade'Patacón de Abadía', tapa gañadora do Chantapas 2024

‘Patacón de Abadía’, tapa gañadora do Chantapas 2024

A creación gastronómica, tirada dunha receita cubana, foi obra de Yailé Alonso, cociñeira de La Cervecería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras tres días de Chantapas, desde o venres 7 ao domingo 9 de xuño, e centos de votos, o xurado popular decantouse pola proposta de La Cervecería, “Patacón de Abadía”, como a mellor desta edición do concurso de tapas de Chantada. Trátase dunha receita típica de Cuba que elaborou a cociñeira deste establecemento, Yailé Alonso.

No segundo posto quedou a tapa de A Viñoteca Chantada, “Jugoso de tierra y mar”, e, en terceiro lugar, a do Café Cantón: “Focaccia San Xoán”.

En palabras da organización, “o Chantapas 2024 foi todo un éxito, e foron centos as persoas que participaron, percorrendo os oito locais co seu pasaporte para votar á súa tapa favorita”. A Faragulla, Café Sylt, Café Bar Centro, Café Cantón, La Cervecería, A Viñoteca, Bar Carballeira e Bar Pizzería Mar foron os participantes desta edición do exitoso concurso de tapas de Chantada.

‘Patacón de Abadía’. Tapa gañadora. Foto: CCA Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...