HomesociedadeEncontro sobre lexislación e axudas para o turismo, mentres seguen as xuntanzas...

Encontro sobre lexislación e axudas para o turismo, mentres seguen as xuntanzas “Montes de Saberes”

No marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible de Galicia desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE, véñense de desenvolver dúas actividades en Chantada e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Chantada desenvolveuse unha xornada sobre lexislación e axudas dirixida a proxectos relacionados co sector turístico. A charla foi impartida por Paloma Vázquez, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, quen fixo un resumo sobre a lexislación vixente en materias de aloxamento rural e as súas distintas tipoloxías, sobre restauración e as diferentes normativa implicadas, as subvencións e axudas que se ofrecen dende a Xunta para turismo, así como a normativa actual sobre turismo deportivo e turismo activo (pendente de aprobación) que se enmarcan dentro das actividades complementarias dun turismo de experiencia.

No debate posterior abordouse a importancia da clasificación real de “turismo rural” e todo o que iso conleva, “Alugar unha vivienda no rural non é o mesmo que ser casa rural, e é algo que está sendo actualmente vixiado para evitar que os visitantes reciban información e servizos inadecuados por publicitar un aloxamento de forma incorrecta”.

Charla lexislación turismo Chantada / Acción contra a fame

Por outra banda Sober acolleu a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”. Nesta ocasión ofreceron a súa experiencia, Javier Mariño da empresa de servizos de xestión, enxeñería e asesoría ambiental Cerna, Ana Randolfe presentando o proxecto FunGo e Laura Iglesias Antonio en representación do Técnico Foestal da Comunidade de montes de Tuiriz (Antonio Mota) e o formador resineiro Francisco J. Dominguez.

Volveu quedar en evidencia a necesidade das Comunidades de montes de unir forzas para solucionar o despoboamento mediante unha xestión adecuada de recursos que permita ofrecer á súa poboación a posibilidade de establecerse de maneira continuada. A falta de substitución xeracional e de impulso á xente nova fan que a zona rural padeza dun despoboamento que require dun esforzo de todos para poder revertela.

Presentouse a posibilidade de realizar formación de resineiro como opción profesional rural, dado que a resina é un produto moi demandado actualmente e que ten moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nesta zona.

Charla lexislación turismo Sober / Acción contra a fame

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....