HomePolíticaAgroma Sober leva a pleno o "estado lamentable" da vía do tren...

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A veciñanza de Areas (parroquia de Rosende, Concello de Sober) leva meses denunciando – sen obter resposta de ningunha administración – a intolerable situación na que quedou a contorna tras as obras de modernización da vía Monforte-Ourense por parte de ADIF.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material das obras continúan na zona case un ano despois, “O cableado permanece exposto, hai risco de desprendemento de pedras na ladeira que dá a estrada que une Sober e Pantón, quedaron múltiples residuos da obra por toda a contorna, incluído o río, verteuse formigón nos camiños e no río e quedaron elementos inacabados que supoñen perigo para persoas e animais”. Aseguran ademais de Agroma Sober que, “Todos estes restos contribuíron á propagación do grave incendio iniciado en Pombeiro en setembro”.

Lembran que este tipo de contratos levan aparellado un Plan de Actuacións Medioambientais, que non se cumpliu nunha contorna de alto valor ambiental, nas ribeiras do río Cabe, ZEC (Zona de Especial Convervación) Rede Natura 2000. “En xeral, o lugar de Areas está abandonado, merecendo unha mellora xeral das estradas e do apeadeiro, sendo un punto de parada do tren que pode ser referencia para a veciñanza da zona”, explican.

Con todo, Agroma Sober presenta unha moción solicitando o seguinte:

  • Trasladar como Concello de Sober unha reclamación ante ADIF achegando a denuncia da veciñanza de Areas e solicitando o arranxo das irregularidades na obra da vía do tren Monforte-Ourense.
  • Retirar o lixo dos colectores da contorna da estación de Areas e adecentar o espazo exterior.
  • Trasladar a ADIF a petición de adecentamento da casa da estación de Areas.
  • Impulsar un plan xeral de mellora das estradas e camiños da zona de Areas en ambas ribeiras do Cabe, xunto coa Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Pantón.
  • Impulsar un plan de erradicación das mimosas na ribeira do Cabe en Sober

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...