HomesociedadeRecoñecemento das universidades galegas ao alumnado do IES A Pinguela polos resultados...

Recoñecemento das universidades galegas ao alumnado do IES A Pinguela polos resultados das ABAU

Sete alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela foron convocados ó acto de recoñecemento MEGABAU 2024 dos mellores expedientes de Galicia na parte xeral das ABAU. Acudiron ó acto Eva Martínez, Sara González, María Martín, Nuria Martínez, Julia Pérez, Juan R. Carballo . Gabriela Corral escusou a ausencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado do centro monfortino recibiu parabéns do Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, don Román Rodríguez, dos reitores das 3 Universidades galegas (Ricardo Cao, da UDC, Antonio López, da USC, e Manuel Reigosa, da UVigo) e da alcaldesa da Coruña, presidente da CIUG. Todos coincidiron ó sinalar que no Coliseum da Coruña estaba nese momento o mellor talento de Galicia do seu curso. Rematouse coa actuación dun grupo musical.

Desde o IES da Pinguela aseguran que, “Estamos orgullosos do resultado das ABAU tamén en 2024 e desta promoción de 2º de Bacharelato que nos confiou a súa formación postobrigatoria. Dos 42 alumnos/as que superaron as probas (96% de aprobados), sumando as materias específicas, 14 alumnos superan o 12 (a terceira parte dos presentados), dos que 3 están amplamente por encima do 13, o que permite visualizar o esforzo desenvolvido durante estes dous anos”. E desénxalles sorte nesta nova etapa.

MEGABAU 2024 / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...