HomesociedadeAberto o prazo para inscribirse no Campus de Verán do Incio

Aberto o prazo para inscribirse no Campus de Verán do Incio

O prazo para inscribirse no Campus de Verán para nenas e nenos do Incio estará aberto ata o 28 deste mes. As familias interesadas teñen que cubrir unha solicitude e ficha que poden rechear no Concello do Incio ou solicitala e envíaselles por mail.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Campus detínase a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos con preferencia para empadroados, por orde de inscrición. A actividade desenvolverase en horario de 9:00 a 15:00 de luns a venres, durante xullo e agosto.

O Campus enmárcase dentro do Plan de Conciliación do Concello do Incio, o cal inclúe diferentes actividades para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral como o servizo madrugadroes, extraescolares polas tardes nos meses lectivos ou campamento de Nadal. Todo elo financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro do Programa Plan Corresponsables.



ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...