HomesociedadeDende este domingo péchase ao tráfico o Paseo do Malecón para preparar...

Dende este domingo péchase ao tráfico o Paseo do Malecón para preparar o Festival do Viño

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados, e si a execución dos traballos de desmontaxe finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo de circulación previsto, e que vai a desenvolver a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interromper a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas:

  • Dende o día domingo 30 de xuño ás 7:00 h e ata o día martes 9 de xullo ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio para facilitar a instalación e posterior desmontaxe dos stands que participan no evento.
  • A partir do mércores 3 de xullo desde as 7:00 h e ata o luns día 8 de xullo ata as 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.

Desde o sábado, 29 de xuño, a Policía Local comezará a suprimir os estacionamentos da zona, a fin de poder pechala nos tramos e horarios previstos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...