HomesociedadeSede informatizada de Correos en Taboada, que pasa a formar parte das...

Sede informatizada de Correos en Taboada, que pasa a formar parte das 167 oficinas postais de Galicia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou no concello de Taboada da ampliación de servizos de Correos nas áreas rurais, con preto de 1.000 carteiros e carteiras que atenden as 160 oficinas auxiliares distribuídas en todo o territorio galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pedro Blanco, que estivo acompañado da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, puxo en valor a ampliación horaria e de servizos da oficina de Correos da localidade, que tras a súa informatización pasará de oficina auxiliar a integrar a rede de oficinas de Correos, que conta con 167 en toda Galicia, prestando os mesmos servizos que as outras 26 da provincia de Lugo.

A oficina de Correos de Taboada abre, desde este primeiro de xullo, as súas portas de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas, “un horario máis adaptado ás necesidades detectadas por parte de veciños e produtores e cooperativistas locais. Ademais, supón unha ampliación dunha hora e media máis respecto ao horario habitual da oficina”, destacou Blanco.

En canto aos servizos, destacan o envío e recepción ordinaria de cartas e paquetería, o ingreso e retirada de efectivo, o abono de recibos de calquera subministración, contratación de seguros e enerxía, venda da lotería ONCE e Cruz Vermella, así como o pago de premios e xestións para as administracións públicas e a DXT.

Na visita tamén estiveron presentes o xerente da área noroeste de produtos e servizos de Correos, Xosé Chorén; o responsable da rede de oficinas da provincia de Lugo, Miguel García; o xefe de sector de distribución da provincia, Manuel Silva; a directora da oficina de Chantada e responsable da nova oficina de Taboada, Graciela Ledo; a xefa de reparto en Chantada, Begoña Carballo; e a responsable de atención ao cliente da nova oficina, Aurora Baltar.

Pedro Blanco destacou a aposta do Goberno “por achegar servizos públicos á veciñanza das contornas rurais, garantindo a igualdade de acceso aos recursos de todas as persoas, especialmente as que viven en concellos pequenos”. Neste senso, puxo de exemplo a dotación completa da oficina de Taboada, agradecendo o esforzo a todo o persoal implicado e ao seu alcalde.

Durante o ano 2023, os carteiros e carteiras rurais realizaron en Galicia máis de 93.000 operacións, datos que segundo o delegado “evidencia a necesidade destes programas que buscan diversificar a súa actividade e ofrecer servizos de proximidade para facilitar as xestións das persoas que viven no medio rural”.

Pedro Blanco fixo mención a outros dos programas que o Goberno impulsa para achegar a administración á cidadanía, como o Plan Especial da Axencia Tributaria polo que as persoas maiores de 65 anos que residen en concellos de menos de 3.000 habitantes puideron presentar nesta última campaña a súa declaración da renda a través dunha videochamada. Tamén puxo como exemplo desta aposta do Goberno por facilitar as xestións das persoas dos concellos do reto demográfico o programa “A administración preto de ti”, entre outros.

Correos Taboada visita delegado do Goberno en Galicia / Delegación do Goberno en Galicia

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...