HomesociedadeEn marcha os Campamentos de Verán de Quiroga con máis dun cento...

En marcha os Campamentos de Verán de Quiroga con máis dun cento de nenas e nenos

Os campamentos están abertos a todos os nenos, tanto os que viven en Quiroga como aqueles que veñen pasar as vacacións, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns comezaban os campamentos de verán do Concello de Quiroga con máis dun cento de nenos e nenas inscritos. Os participantes foron recibidos na casa da cultura polo Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e a Concelleira de Educación e Infancia, Maite Pérez Grao, e os monitores.

Despois organizáronse as diferentes clases nas que se distribuíron os nenos e nenas dependendo da súa idade. En total cinco clases repartidas entre as instalacións da Casa da Cultura e o Centro Social.

Os campamentos este ano chegan cargados de novidades. A primeira delas é que os campamentos que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto contan cunha subvención do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia solicitada a través do CIM. Esta subvención permite que ademais dos voluntarios se conte con mozos e mozas contratados aos que se lles esixiu titulación relacionada co traballo que van desenvolver.

Outra das novidades é que os campamentos empezan antes. Ás dez da mañá será a hora de entrada, para que ás 10:30 todos os participantes estean incorporados. A hora de remate seguirá sendo as dúas do mediodía nas piscinas municipais.

Campamento de Verán Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...