HomesociedadeXasmín Marcos, quiroguesa premiada polo seu expediente de bacharelato

Xasmín Marcos, quiroguesa premiada polo seu expediente de bacharelato

Foi recoñecida polo Clúster da Pizarra de Galicia nunha iniciativa que premia os mellores expedientes de Bacharelato dos concellos de Quiroga, A Rúa e O Barco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Clúster da Pizarra de Galicia decidiu premiar a excelencia nos estudos e fixo entrega dos seus Premios aos Mellores Expedientes de Bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras.

O premio consiste nun talón de 300 euros para cada estudante. En Quiroga a mellor estudante foi Xasmín Marcos Lama, na Rúa, Fernando Rodríguez Rodríguez, do IES Cosme López, e no Barco, Sandra López Pérez, do IES Loureiro Olmo.

Os tres alumnos tiveron notas medias en Bacharelato superiores ao 9,83. Unhas excelentes cualificacións que ratificaron posteriormente nas probas da ABAU. O xerente da Agrupación industrial da Lousa, Severino González, foi o encargado de facer entrega dos cheques nos tres centros educativos.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...