HomesociedadeA AV do Saviñao reclama ao concello facilidades de acceso ao transporte...

A AV do Saviñao reclama ao concello facilidades de acceso ao transporte gratuíto

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á alcaldía que se xestione a tarxeta TMG do programa "TARIFA + 65" na oficina bancaria de Escairón

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende xaneiro do presente ano está dispoñible o programa da Xunta de gratuidade do trasporte público mara maiores de 65 anos, denominado “TARIFA + 65” coa tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG).

Aseguran desde a Asociación ter recibido queixas dos veciños polas dificultades para aceder a esta tarxeta dado que para conseguila deben desprazarse ata as oficinas de Abanca de Monforte ou Chantada ó non estar autorizada a de Escairón, “o que parece un sinsentido e un obstáculo para ser beneficiarios deste servizo. Este servizo é de sumo interese para os que vivimos no rural dadas as dificultades de mobilidade e desprazamento que temos no territorio”, engaden.

Con todo a Asociación solicita á alcaldía que faga as xestións necesarias para facilitar aos veciños do Saviñao a posibilidade de que este trámite poida ser feito na oficina de Abanca de Escairón “ou haberá moitos veciños que non poidan disfrutar deste servizo público por falta de interese ou de diplomacia. O trasporte público é un elemento imprescindible para ter mobilidade e polo tanto para manter a vida no rural”, conclúen.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...