HomesociedadeO 17 de xullo comeza a fucionar o servizo de lanzadeiras na...

O 17 de xullo comeza a fucionar o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra

Este luns 8 de xullo habilitarase a reserva previa a través da web do Consorcio. Mentres, o Concello de Parada de Sil xa ten operativo o servizo de traslado ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e o Concello de Nogueira de Ramuín anunciará nos próximos días o formato e horarios do servizo de acceso en lanzadeira ao Mosteiro de Santo Estevo. Estes servizos foron iniciados polo Consorcio de Turismo no marco do Plan de Sostibilidade e agora a súa xestión recae nos entes municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, en colaboración cos concellos, daralle continuidade ao servizo de autobuses lanzadeira, que se implementou de xeito piloto no verán 2023 e durante a pasada Semana Santa.

Dende o mércores 17 de xullo e ata o sábado 31 de agosto estarán dispoñibles os servizos de autobús lanzadeira dende Castro Caldelas ao embarcadoiro de Abeleda e dende Monforte de Lemos ao embarcadoiro de Ponte do Sil.

Tamén, dende o venres 19 de xullo habilitarase o servizo de lanzadeira á Praia da Cova dende Escairón nos días e horarios máis concorridos segundo os datos arroxados polas probas iniciadas neste espazo en 2022: venres, sábados, domingos e festivos ata o 8 de setembro 

Os servizos serán gratuítos para os visitantes, xa que forman parte do proxecto iniciado no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, tamén con participación das Deputacións Provinciais de Lugo e Ourense.

ÚLTIMAS

189.000€ para impulsar o emprendemento leva repartidos o Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta...

A Deputación realiza obras de mellora na ponte que une Quiroga con San Clodio

Os traballos de conservación na ponte que une as localidades de Quiroga e San...

Enrique Pérez Losada, socio de honra no Círculo do Saviñao

O Círculo Cultural Recreativo Saviñao aprobou na última asemblea, a proposta dun grupo de...

‘Xornadas lactouras’ en Monforte

A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos dedicados ao estudo...