HomesociedadeComeza con gran éxito o programa 'Descubrir Quiroga'

Comeza con gran éxito o programa ‘Descubrir Quiroga’

Trátase dun programa para dinamizar o turismo no concello que inclúe 13 actividades que se realizarán de xullo a setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 5 de xullo comezaba o programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, unha iniciativa da Concellería de Turismo, en colaboración coa de Cultura e co apoio financeiro da Deputación de Lugo, que ofrece 13 completas actividades durante o verán. A primeira delas foi o “Roteiro das fervenzas de Quiroga”, completada exitosamente.

Os participantes deste primeiro roteiro saían dende a casa da Cultura ás nove da mañá tras a presentación do programa por parte do Concelleiro de Turismo, Vicente Parra, e os técnicos de Cultura e Turismo. Despois agardábaos o autobús que os achegaría a facer a visita ás fervenzas do Pombar e a Pedriña, na Cruz de Outeiro; as fervenzas do Fócaro e das Gurbias, na Seara; e a fervenza de Vieiros. O xantar desta saída facíase na aldea de Cruz de Outeiro.

A esta primeira saída seguiranlle outras interesantes rutas e actividades como barranquismo e piragüismo, catas ou concertos. A seguinte prevista é o sábado 13 de xullo e levará aos participante a descubrir o barranquismo en Campodola. Para o venres 19 de xullo as protagonistas serán as letras dentro do Roteiro Literario, que contará con interpretacións musicais, lectura de diferentes textos dos autores e autoras que conforman o roteiro e remate cunha degustación de viños na adega Val de Quiroga.

Os interesados e interesadas en participar nestas actividades totalmente gratuítas, das que se dá puntualmente información no instagran de turismo terán que anotarse na Casa de Cultura, ben persoalmente ou a través do correo cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es antes das 13:00h do día anterior á realización da actividade.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...