A equipa da Ruta Quetzal conformada polos monitores e a mocidade seleccionada (douscentos mellores expediente académicos de mozas e mozos de entre 15 e 16 anos de toda as Comunidades Autónomas), desembarcaba o día 9 de xullo na Ribeira Sacra accedendo polo Concello de Chandrexa de Queixa.
“Ao pouco de iniciar a andaina pola ruta do “Río Dorelle” tivemos que dar volta por mor do mal tempo. Con todo, a marea de “pitiños amarelos” camiñou cara Espasa onde coñeceron os oficios e costumes tradicionais (cocer pan en forno comunal, lavar roupa en lavadeiro público e o faladoiro cos maiores) e as prácticas gandeiras de vacún e de apicultura conseguiron poñer en valor as nosas aldeas e as nosas xentes”, explican desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
Iñigo de la Quadra-Salcedo e Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, explicaron os motivos da elección destes concellos como paradas da expedición 2024 da Ruta Quetzal na Ribeira Sacra. Alexandra Seara detallou o Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra (financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo) e repasou o estado da candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra en relación a usos e elementos da auga.
A presentación incluiu a benvida e discurso do alcalde Chandrexa de Queixa que exercía de anfitrión o día 9 e o discurso de Amable Fernández Basalo, alcalde do Concello de Manzaneda, que exercía de anfitrión ao día 10 de xullo no seu termo municipal. Ambos alcaldes recibiron das mans de Iñigo de la Quadra Salcedo a placa que os conmemora como concellos integrantes da expedición 2024 Ruta Quetzal. O día 9 remataba co visionado da expedición 2024 do partido de fútbol España-Francia de semi-finais da Eurocopa.
Ao día seguinte no edificio do centro de día de Manzaneda interviñan, Cecilio Santalices Xefe Territorial en Ourense da Axencia Turismo de Galicia cunha contextualización da elección e dos valores de sendos concellos. A continuación, o alcalde de Manzaneda Amable Fernández xunto co técnico agrícola municipal Enrique González, fixeron unha presentación sobre conceptos de desenvolvemento rural e a problemática, retos, oportunidades e valores do concello de Manzaneda e das aldeas de montaña.
Coñeceron o Ben de Interese Cultural Muralla e Vila Medieval de Manzaneda e os viñedos do Val do Bibei na que os mozos coñeceron a configuración de socalcos da viticultura heroica da Ribeira Sacra e a conformación de antiguos lagares. Visitaron tamén o Alto da Escrita e o curro Chaira das Lamas no que os expedicionarios comprenderon o sentido do bancos-miradoiros e columpio nesas localizacións.
Un roteiro nocturno en descenso pola vía agropecuaria dende o curro Chaira das Lamas ao Momumento Natural Souto de Rozavales e regreso a vila de Manzaneda puxo fin a un intensivo programa de actividades.