HomesociedadeDo 27 ao 29 de xullo, festas na parroquia monfortina de Piñeira

Do 27 ao 29 de xullo, festas na parroquia monfortina de Piñeira

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no programa das festas de Piñeira, en Monforte, que se celebrarán do 27 ao 29 de xullo, coa actuación de Os Parentes de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Mocidade, Daniel García, reuniuse coa Asociación de Festexos de Piñeira, que ultima os preparativos para tres xornadas de música tradicional, xogos populares e verbenas.

Daniel García valorou “a dedicación das persoas que organizan festas por toda a xeografía, facendo posible a continuidade de espazos de encontro e de celebración para a veciñanza” e explicou que a colaboración coa asociación de Piñeira se encadra “nas distintas programacións que a Vicepresidencia da Deputación pon en marcha para impulsar a presenza da música tradicional, da animación de rúa e da música en galego en citas festivas e culturais de todas as comarcas, reforzando a actividade que desenvolve o tecido asociativo”.

A través destas programacións, a área de Cultura ten programadas máis de 80 actuacións musicais e lúdicas nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada ao longo do ano.

ÚLTIMAS

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...