HomesociedadeManuel Diéguez incide na 'seguridade e coidado do viñedo' na presentación oficial...

Manuel Diéguez incide na ‘seguridade e coidado do viñedo’ na presentación oficial da 50 edición da ‘Subida Automobilística a Chantada’

Será os días 26, 27 e 28 de xullo alcanzando nesta edición o seu 50° aniversario. Trátase dunha proba automobilística senlleira, incluída no calendario do Campionato de Montaña (CEM) e recoñecida como "Proba FIA Internacional".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación da 50ª edición da Subida Automobilística a Chantada, o primeiro en falar foi o presidente da Escuadra Chantada e do comité organizador, Alfonso Viana, que agradeceu a presenza dos representantes das principais autoridades da vila, provincia, comunidade e estado. Destacou tamén que estamos diante dunha cita moi importante dentro do Calendario Internacional FIA, a única que se celebra en Galicia e que é un mito do Automobilismo nacional, sendo a que conta co mellor escenario para disputarse a competición.

Viana encomiou o labor do seu equipo e a importancia do apoio das institucións ao evento. Tras o presidente a Escuadra Chantada tomou a palabra Antonio Rodríguez Troitiño, presidente da Federación Galega de Automobilismo, destacando a colaboración do ente autonómico cunha proba que é a que con maior cantidade de rexistrados conta no nacional e que para a federación autonómica que existan probas en Galicia co carisma e tradición como a de Chantada é algo que fai máis grande o deporte do motor na nosa comunidade autónoma. Toño Troitiño referiuse tamén á seguridade, facendo chegar á o seu desexo de que “a afección galega volva cumprir como sempre as normas e que a 50 Subida a Chantada sexa un éxito deportivo e unha festa do motor”.

Pola súa banda, a concelleira de Educación, Mocidade e Deporte, Belén Vázquez Caseiro, lembrou como desde a súa infancia a Subida a Chantada era un momento moi especial para a vila e as súas xentes, destacando ademais a importancia do coidado dos viñedos na zona do trazado por parte do público, e que seguro que a xente que acuda por vez primeira vai “flipar” co trazado e as evolucións dos participantes polo mesmo.

Seguidamente Marco Antonio Fernández Piñeiro, Director Territorial de Vivenda e Planificación de Infraestrutura da Xunta de Galicia; María Isabel Rodríguez, Subdelegada do Goberno en Lugo; e Daniel Garcia, da Deputación do Lugo, felicitaron á organización polos éxitos alcanzados ata cumprir estes 50 anos e ser un evento de referencia na provincia de Lugo. Pilar García Porto, tamén por parte da Deputación Provincial de Lugo, ademais de incidir tamén na traxectoria, destacou a importancia da contorna, en plena Ribeira Sacra, e do circuíto que movea moita xente de fóra polo seu atractivo.

Presentación con algún vehículo da proba chantadina. Foto: Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
DENDE O CONCELLO DE CHANTADA

Pechou o acto Manuel Diéguez Carballo, Alcalde en funcións do Concello de Chantada, agradecendo a presenza de todas as institucións e o labor da organización da proba, e a importante de que os medios de comunicación leven a imaxe de Chantada por España, Europa e o mundo adiante. “É unha proba moi importante”, dixo, destacando tamén “a importancia da seguridade e a especial atención ao coidado dos viñedos da zona onde transcorre a carreira, nun momento ademais en que a uva está xa perfecta esperando a mellor época do ano, a vendima, para a comarca en xeral”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...