A actividade desenvolverase este xoves, día primeiro de agosto. Este evento consistirá nun roteiro guiado titulado “O Monforte das Revoltas Irmandiñas”, e contará coa participación de Rosana Prieto como guía oficial e Iván Álvarez, historiador e arqueólogo.
O roteiro dará comezo ás 19:00 desde San Vicente e concluirá aproximadamente ás 20:30 no restaurante Trés Pés, onde haberá petiscos de confraternización. O custo dos petiscos será de 20€ por persoa. As persoas interesadas en participar deben inscribirse no número 671473982.
Manuel Luaces, responsable local do BNG en Monforte explica, “Queremos subliñar que non é un acto dun partido político, é un acto aberto onde toda persoa que teña conciencia de país é benvida.”