HomesociedadeEn setembro comezan as obras de supresión dos pasos a nivel de...

En setembro comezan as obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Río Seco en Monforte

O anuncio do comezo das obras fixérono o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, o Subdirector General de Pasos a Nivel de ADIF, Roberto Muela Gutiérrez e a Subdelegada do Goberno de Lugo, Isabel Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os pasos a nivel que se espera suprimir son os situados nos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 das liñas Palencia-A Coruña, traxecto Ourense-Monforte-Lugo, correspondentes a Río Seco e Juan Montes. Neste senso, o Alcalde puxo en valor a embergadura deste proxecto, que en “44 anos de democracia é a primeira vez que isto se consigue”.

A solución que se adoptou neste proxecto, consiste na construción dun paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, porque xa non haberá máis atropelos neses pasos. Tamén se construirá unha rotonda, unha ponte e 5 rúas novas. A previsión é que as obras dean comezo a finais de agosto ou principios de setembro, cun período de execución de 16 meses, arredor de ano e medio.

As novas rúas, permitirán as comunicacións dende a rúa Morín pasando por debaixo da vía ata a nova rotonda, que vai distribuír o tráfico cara Juan Montes e Río Seco, a través dunha nova ponte que comunica co núcleo de Río Seco. Tamén vai permitir a circulación pola marxe esquerda da vía, paralela a Padre Feijóo, unha calle de nova construción, que  vai dende o Xardín que hai diante do bar A Ronda, ata Juan Montes. Este proxecto inclúe todo, tanto o paso inferior que permitirá suprimir os dous pasos a nivel, como a totalidade das novas calles, a rotonda e a ponte xunto ó núcleo de Río Seco.

Neste senso, salientou o rexedor monfortino que “o ferrocarril que trouxo moitos beneficios a Monforte, tanto no desenvolvemento da cidade, como de crecemento económico e de emprego, tamén levou consigo algunha limitación no crecemento da cidade, e tamén na mobilidade das persoas e incluso falecementos por atropelos. E con este proxecto, contribuímos decisivamente tanto á mellora da mobilidade como da seguridade dos condutores e dos peóns”.

Ademais destes pasos a nivel trabállase para a supresión dos outros 4, situados en Vía de Castela, A Florida, Francisco Moure e O Reboredo. A envergadura do proxecto tradúcese no investimento, que se licitou por 8.250.582,49€ +ive, en maio de 2023, destinado á asistencia técnica da redacción do proxecto, para pagar a expropiación de fincas e dalgunha casa, e para a realización da obra, que foi adxudicado á UTE integrada por Civis Global e Extraco por 6.881.088,60€.

ÚLTIMAS

Aberto o para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...