HomeCulturaA MAVI, maleta viaxeira contra a violencia machista, chega a Chantada

A MAVI, maleta viaxeira contra a violencia machista, chega a Chantada

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entregou este venres no concello de Chantada a “MAVI: a Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero”, con 11 libros para traballar por unha igualdade efectiva e real entre homes e mulleres a través da lectura de textos con perspectiva feminista tanto para persoas adultas como para adolescentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A MAVI ten por obxectivo promover entre a veciñanza a curiosidade sobre os títulos e, en consecuencia, a aprendizaxe para formar a unha sociedade crítica co sistema de dominación masculina e convencida da loita pola igualdade entre os sexos.

“Queremos promover a reflexión arredor da violencia de xénero, polo que apostamos e facilitamos aos concellos que se sumen a loitar contra esta violencia estrutural, defendendo que as administracións públicas deben seguir ofrecendo programas que contribúan á concienciación da sociedade”, asegurou Isabel Rodríguez, lembrando que “o goteo incesante de crimes machistas obríganos a volcarnos con distintas medidas, tamén coa educación permanente da sociedade, por esta cuestión de estado que afecta gravemente a mulleres e nenas polo simple feito de selo”.

A subdelegada tamén defendeu “o carácter municipalista da iniciativa cun papel fundamental dos concellos, entre os que segue a ter unha moi boa acollida, chegando a gran parte da poboación e tamén a municipios rurais que se cadra teñen menos facilidades para acceder a este tipo de materiais”.

Estes novos libros súmase aos de Viveiro, Sarria, Vilalba, Quiroga, Trabada, Cervantes e Meira, así como aos dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. Actualmente, son 3 maletas as que están a percorrer a provincia, concretamente nos concellos de Barreiros, Cervantes e agora Chantada, cun total de 36 libros.

mavi

A maleta conta con once libros de literatura xuvenil  e para adultos, incluíndo un diario onde poden expresar as súas reflexións e opinións sobre os contidos e as experiencias que tiveron a través da lectura.

Entre as obras que están na maleta atópanse os títulos “Insolación” de Emilia Pardo Bazán; “Soy una niña rebelde” de Elena Favilli e Francesca Cavallo; “Desarmar la masculinidad” de Beatriz Ranea Triviño; “La mujer del porvenir” de Concepción Arenal; “Maternidades S.A, el negocio de los vientres de alquiler” de Laura Nuño; “El bosque de los cuatro vientos” de María Oruña; “Mujeres invisibles para la medicina” de Carme Valls; “El lunes nos querrán” de Najat El Hachmi; “La revuelta de las putas” de Amelia Tiganus; e “La tierra de las mujeres” de Sandra Barneda

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...