HomesociedadeEn marcha Artelemos, 6 días de artesanía na rúa Cardenal de Monforte

En marcha Artelemos, 6 días de artesanía na rúa Cardenal de Monforte

O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou esta mañá a XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2024, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, A Concelleira de Consumo, Regina López e o Concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, na visita e inauguración tamén estiveron presentes representantes da Corporación, entre outros, Emilio Sánchez, Manuel Luaces e José Luis Rodríguez

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Esta mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos dende este luns 5 e ata o sábado 10 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.

En Artelemos 2024 participan de 30 profesionais da artesanía, o mesmo número que o alcanzado en 2023, e que é o número máis alto de participantes dos últimos anos, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.

Ó igual que en 2023, este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns o pasado ano, dende o Equipo de Goberno decidiuse manter esta ampliación dos días de celebración do mesmo.

O Concello aposta especialmente por unha Mostra de artesanía que o Equipo de Goberno recuperou no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.

O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas. Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: como ourivaría, cestaría, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira, entre outras. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

O Alcalde anima a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 24 edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.

programación artelemos

Martes 6 de agosto:     

  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.
  • 19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.

Mércores 7 de agosto: 

  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.

Xoves 8 de agosto:       

  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.

Venres 9 de agosto:

  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.

Sábado 10 de agosto:

  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...