HomesociedadeCatro bandas galegas na Festa da Mocidade de Taboada que o 9...

Catro bandas galegas na Festa da Mocidade de Taboada que o 9 de agosto abre as Patronais

Actividades para público infantil e a Festa da Mocidade abren o programa das Festas Patronais de Taboada, que se celebran do 8 ao 12 de agosto cunha ampla axenda de actuacións musicais, actividades lúdicas e deportivas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A deputada de Cultura, Iria Castro, o tenente alcalde de Taboada, José Portela e o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural, Manuel Diéguez presentaron a programación, que se desenvolve maioritariamente no Campo da Feira, en liña coa aposta do goberno municipal por valorizar esta zona da vila.

A área de Cultura colabora coa Festa da Mocidade, que organiza a Asociación Madialeva O!, impulsora no seu día desta celebración como preluido ás festas. Recambios Tucho, A Quinkillada, A Banda da Balbina e The Palangans compoñen o cartel das actuacións, a partir das 23.00 horas no Campo da Feira.

Iria Castro destacou “a presenza da música en galego coas actuacións da Festa da Mocidade e a vontade da concellería de cultura de incluír propostas para públicos de diferentes idades, buscando que as festas sexan un punto de encontro interxeneracional”.

O concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez explicou que “se trata dun programa pensando en toda a veciñanza. Con propostas e música para todos os públicos e gustos, desde os grupos que actuarán na Festa da Mocidade ata as orquestras da verbena. Son unhas datas para celebrar o que nos une como concello, coas persoas que queremos, veciños, visitantes e amigos”.

O programa das Festas de Taboada ábrese o día 8 co Mago Antón que fará actuacións ás 12:30h, 17:00h e 19.00h. O resto da programación é a seguinte:

Venres, 9 de agosto

  • Espectáculo de circo Cigâní de Antón Coucheiro (18.00 horas), atraccións para nenxs
  • Ruta polos bares coa Charanga Km0 (19.30 horas)
  • Festa da Mocidade con actuacións de Recambios Tucho, La Quinkillada, A Banda da Balbina e Os DJ “The Palangans” (23.00 horas)

    Sábado, 10 de agosto
  • Actuación da Banda EGS de Lugo (13.00 horas)
  • Pasarrúas pola pola vila con Os Afogapalletas e Batucadabatú (18.00)
  • Verbena coa orquestra La Noria (23.00 horas)

    Domingo, 11 de agosto
  • Concerto da Banda de Chantada na Alameda (13.30 horas)
  • Trofeo Festas dos Milagres entre Taboada CF e Chantada Atlético na Medela (18.30 horas)
  • Festival Internacional de Danza con Rechouchíos e a Compoñía Crea Danza de Colombia (20.00 horas)
  • Verbena con El Combo Dominicano (23.00 horas)

    Luns, 12 de agosto
    Festa do Óso na Medela, coa actuación da charanga Os Bandiños e festa da escuma e xogos na auga. (As persoas que non leven mesa da casa poden reservala no concello)

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...