HomesociedadeFerreira de Pantón celebra do 17 ao 19 de agosto as súas...

Ferreira de Pantón celebra do 17 ao 19 de agosto as súas Festas

O Concello de Pantón organiza un ano máis as Festas de Ferreira de Pantón que comezarán o sábado, 17 de agosto. Nesta xornada haberá festa verbena coa orquestra, Punto Clave e DJ Espasantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo, 18 de agosto comezará ás 11.00h. con Música na Rúa para as 12:30h. ter sesión vermú nos bares de Ferreira e ás 14:00h na Praza de Goián. Ás 17:30 na Praza do Concello desenvolverase a programación infantil, Infantilandia, con xogos e actividades para os/as nenos/as. A partir das 21:30 contarase coas actuaciones de Xtremo e o Grupo Tekila.

Xa o luns, 19 de agosto, volverá a haber Música na Rúa desde as 11.00h. e tamén sesión vermú en Ferreira e na Praza de Goián. Dede as 17:30h contarase coas actividades de Infantilandia, que nesta xornada terán lugar na Piscina Municipal. Xa pola noite, desde as 21:00h a verbena estará amenizada polas orquestras Nuevas Fuerza e América.

O alcalde, José Luis Álvarez, destaca o ambiente familiar das Festas de Ferreira, onde ano tras ano nenos e maiores desfrutan con familia e amigos destes días de lecer, “Animo a veciños e visitantes a vivir con ledicia estes tres días de música e actividades que farán as delicias dos asistentes e que encherán de ambiente as rúas da vila. As Festas de Ferreira sempre son de reunión das familias e de reatoparse coas orixes”.

Este ano para rematar o mes de agosto, os días 30 e 31, contarase cunha nova edición do Trece Roeis Fest que organiza a Asociación Cultural 13Roeis contando coa colaboración do Concello de Pantón. Ao longo destes dous días pasarán polos escenarios do Trece Roeis artistas como Soziedad Alkoholica, Fillas de Casandra, Arrhymia, Rebelión do Inframundo, Xabier Vizcaíno, Tiam Cg, Exeria, Peter Punk e Brais das Hortas, Mago Teto, Baturruka Monforte, Serio RV Dj, Anita Tijoux, Green Valley, Sara Socas, Sober, Los de Marras, Maneiro, Pauliña, Amoebo, Festicultores Troupe.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...