HomesociedadeÚltimo día das Patronais de Monforte despois de celebrar este 15 de...

Último día das Patronais de Monforte despois de celebrar este 15 de agosto o día gande das festas

Este ano recuperouse a tradición que marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente do Pino, algo que foi posible logo de que remataran as obras de mellora desta igrexa, a finais do 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves a comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e diversas autoridades de índole local, galego e nacional, subiu á igrexa de San Vicente, acompañada polo Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos e do Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos.

O párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal para posteriormente celebrar a eucaristía que estivo cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte. No atrio e exterior da igrexa celebrouse a Procesión e Ofrenda floral á Virxe de Montserrat. Despois da actuación do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte co Grupo de Gaitas Terra de Lemos remataron os actos na honra á Virxe de Montserrat.

Día da Patroa 2024 / Concello de Monforte

Ademais do Alcalde, José Tomé Roca, tamén participaron a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Sanidade, Pilar Espinosa, Consumo, Regina López, Muller e Igualdade, Margarita López, os concelleiros de Servizos, José Luis Losada e Deportes, José Manuel Mougán, os concelleiros do Partido Popular, Katherinie Varela, José Luis Rodríguez, María Luisa Vázquez e Emilio Iván Vázquez, o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez. Por parte da Policía Local de Monforte, participaron o Inspector Xefe, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez.

Tamén cabe citar a presencia do senador César Mogo, os alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez e Sober, Luis Fernández, a deputada provincial Mª Sol Morandeira, a Directora Territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, así como distintos pedáneos e pedáneas, e tamén María Emilia Casas Baamonde, Julio Padilla Carballada ou Margarita Rodríguez Otero, entre outras autoridades.  

O prato forte no programa das Festas Patronais neste 15 de agosto foron tamén os Fogos de San Vicente e o concerto de Álvaro de Luna.

Fogos artificiais dende a Torre da Homenaxe. Foto: Concello de Monforte.
Concerto do cantante Álvaro de Luna na explanada da Cía. Foto: Concello de Monforte.

Neste último día celebraranse os Fogos Artificiais de Auga desde o Malecón ás 00:00, para ás 00:30 ter o concerto de La La Love You na Compañía.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...