HomesociedadeComeza a retirada da represa do Cubeiro, no río Cabe en Canaval

Comeza a retirada da represa do Cubeiro, no río Cabe en Canaval

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil iniciou este luns as obras de retirada da represa e do muro de formigón existente no lugar do Cubeiro, no río Cabe en Canaval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación forma parte do Programa de conservación e restauración de leitos da demarcación hidrográfica do Miño-Sil en Galicia.

Os traballos vanse levar a cabo á altura da ponte da estrada N-120 entre os termos municipais de Sober e Pantón.

Con esta obra preténdese diminuír o risco de inundacións, recuperar a morfoloxía natural do leito e recuperar a dinámica natural do río en canto a fluxos e transporte de caudais sólidos. Tamén ten como obxectivo recuperar o bosque autóctono de ribeira en zonas degradadas da contorna, mellorar a permeabilidade para as migracións de especies piscícolas e mellorar a adaptación e resiliencia fronte ao cambio climático do escosistema.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...