HomesociedadeA Xunta apoia a 'Gymkhana' do Centro Comercial Urbano de Monforte

A Xunta apoia a ‘Gymkhana’ do Centro Comercial Urbano de Monforte

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Gymkhana do CCU 2024, que se celebrará deica este sábado 24 de agosto, ofrece ás persoas participantes unha serie de actividades tras mercar nalgún dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos.

O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, participou este 22 de agosto na inauguración do evento e destacou que a Xunta apoia esta iniciativa no marco dunha achega de 52.000 euros destinada ao CCU de Monforte. Subvención que forma parte da convocatoria para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan en total 2,25 millóns de euros. 

Con estas achegas, subliñou o director xeral, o Executivo autonómico financia actuacións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial.

Grazas á aportación da Xunta, os beneficiarios teñen a oportunidade de financiar gastos derivados de campañas de dinamización, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial. Tamén descontos de aparcamentos vencellados coas vendas, envíos en liña, mantemento de marketplaces, ou de desenvolvemento de apps de fidelización.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...