HomesociedadeVisitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu de Monforte o...

Visitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu de Monforte o 1 de setembro

O Concello de Monforte conmemora o domingo 1 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante do Parador de Turismo (San Vicente) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media.

As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2024 ven impulsada pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos e o fai baixo o lema “Unha gran familia”, que engloba nunha árbore colectiva a todos os membros da Rede de Xuderías, a través dos cales se mantén e transmite a cultura xudía.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...