HomesociedadeIII Festa da Vendima do Saviñao este 31 de agosto e 1...

III Festa da Vendima do Saviñao este 31 de agosto e 1 de setembro

A “Festa da Vendima do Saviñao 2024" é un evento dirixido a público de todas as idades, onde descubrir e sentir a Ribeira Sacra a traves da súa paisaxe, gastronomía, tradición e artesanía local, con ocios centenarios como o de cesteiro, en perigo de extinción.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A “Festa da Vendima do Saviñao 2024″ é unha proposta fresca e diferente cun amplo programa de actividades que xiran ao redor dos labores típicos da vendima, o viño, a gastronomía e o folclore. A feira abrirá tanto o sábado como o domingo ás 11:00h, contarán con posto na Festa da Vendimia as adegas: Adegas Moure, Pilares de Belesar, S.A.T. Virxe Dos Remedios, Galanteiro e Adega Gozo.

Nos dous días celebraranse obradoiros infantís desde as 17:30h. Tamén se celebrarán obradoiros de Artesanía de Galicia de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. O sábado ás 12:30 haberá un obradoiro de cata de uvas e de viños e ás 14:00 comezará outro de cociña en vivo coa IXP Ternera Gallega

A cita desenvólvese nun entorno natural como é o da Devesa de Escairón, que ofrece ao visitante a posibilidade de desfrutar dos viños das ribeiras do Miño, da súa gastronomía, da súa artesanía e das súas tradicións. Contando con espazo para a venda de coiro e metal; artesanía en madeira, xoiería, olería de Gundivós, atrapasoños, navallas e coitelos… No apartado gastronómico contarase con embutidos, queixos, doces, galletas, obleas, empanadas e pan artesán, mel ou xeados artesáns.

Ó longo da xornada, a Devesa acollerá actuacións musicais os días 31 de agosto e 1 de setembro. Excelente escenario para amosar o talento de agrupacións musicais con propostas que van dende a música galega ata a música de vangarda. O sábado contarase con ambientación musical do Grupo Searas e a partir das 19:30 as actuacións correrán por conta de Rosa Cedrón, Mercedes Peón, Banda de Balbina e Charanga Europa. O domingo ambientarán a xornada o Grupo de Gaitas Os Tarabelo do Saviñao eo violinista Marcos Valcárcel. Nesta xornada actuarán ademais a partir das 17:30, Charanga Unión Phenosa, Milladoiro e o Grupo América de Vigo.

Durante a fin de semana o Ecomuseo de Arxeriz trasladará á Devesa parte dos seus fondos que explican o pasado e presente da viticultura nas ribeiras do Miño.

ÚLTIMAS

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00...

Monforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López Suárez

Contémplase a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se...

Seráns de cine e teatro en Quiroga

O programa Seráns de cine e teatro trouxo tamén ao Auditorio Municipal, a produción...

O 13 de novembro preséntase na Pobra do Brollón a “Guía micolóxica básica da provincia de Lugo”

A guía é unha obra divulgativa clara e comprensible, pero con contidos igualmente completos...