HomesociedadeEn marcha as obras doutro tramo da LU-P-5709, que conecta Sarria...

En marcha as obras doutro tramo da LU-P-5709, que conecta Sarria e Paradela

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora doutro tramo da estrada provincial LU-P-5709, que conecta Sarria e Paradela cun investimento de máis 90.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Carballeira SL, afectan a tres quilómetros de vía entre os puntos quilométricos 10,7 e 13,8.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra. Tamén porque as obras complementan as realizadas pola Deputación de Lugo recentemente entre os quilómetros 5,9 e 10,7; nas que a institución investiu outros 260.000€.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...