HomesociedadeTres adegas comezan a vendima na Ribeira Sacra este 31 de agosto...

Tres adegas comezan a vendima na Ribeira Sacra este 31 de agosto no Ecomuseo de Arxeriz

Tras os primeiros controis de maduración, tres adegas comezaron a colleita de uvas este 29 de agosto, Abadía da Cova, Adega Damm e Adega Salvadur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este inicio de vendima débese a particularidades moi concretas dos terreos nos que se atopan estes viñedos, onde as condicións climáticas e o estado de maduración da uva son óptimos. Con todo, a maioría das adegas e viticultores da Denominación de Orixe esperarán a que as uvas alcancen o punto de maduración ideal antes de iniciar a vendima.

Este é un inicio de vendima puntual por parte das tres adegas, debido a que polo momento non se levou a cabo a reunión do pleno do Consello Regulador que marca a data recomendada para o inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra.

Esta data estará marcada polo estado de maduración óptimo da uva, segundo indiquen os controis de maduración que están realizando desde o pasado 26 de agosto, técnicos do Consello Regulador, nas 5 subzonas: Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei.

O Consello Regulador continuará supervisando o desenvolvemento da vendima ao longo das próximas semanas, facilitando que leve a cabo nas condicións óptimas. Este ano, ata o momento, non se rexistraron incidencias climáticas nin fitosanitarias significativas que afectasen á colleita.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...