HomesociedadeConcentración o 2 de setembro na Praza de España de Monforte para...

Concentración o 2 de setembro na Praza de España de Monforte para denunciar a situación de Palestina

Esta manifestación será parte dunha serie de concentracións simultáneas en varias localidades galegas, todas coordinadas por "Mar de Lumes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante a escalada da ofensiva sionista en Cisxordania, que ten como obxectivo a expulsión definitiva da poboación palestina, a organización internacionalista “Mar de Lumes” convocou unha serie de concentracións en Galicia para denunciar esta situación, “Trátase dun novo e preocupante capítulo na ocupación de Palestina, que foi amplamente difundido a través dos medios de comunicación, mostrando o sufrimento de todo un pobo”.

En Monforte de Lemos, a concentración levarase a cabo o próximo 2 de setembro na Praza de España ás 20:30 horas. Os organizadores fan un chamado a toda a xente da comarca para que acudan e expresen o seu rexeitamento ao que cualifican como unha barbarie.

O obxectivo é visibilizar a grave situación en Cisxordania e mostrar a solidariedade do pobo galego con Palestina, esixindo o cesamento inmediato da ofensiva e a protección dos dereitos humanos na rexión.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...