HomesociedadeEsta semana haberá baixada de presión da auga en varias rúas de...

Esta semana haberá baixada de presión da auga en varias rúas de Monforte por obras de mellora na rede de abastecemento

Este martes día 3 e o mércores, 4 de setembro, procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro, que ben de ser executado para a mellora do saneamento en dita rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación suporá que se produza unha baixada na presión, pero non un corte no subministro os días 3 e 4, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde. As rúas que se verán afectadas serán o Lugar Reigada, a rúa Rosalía de Castro en ambas marxes, e a rúa Doutor Casares, tamén en ambas marxes.

As conexións da tubaxe xeral co by pass realizaranse na intersección entre a rúa Doutor López Suárez e a rúa Rosalía de Castro mañá martes 3 de setembro, e a intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Coruña, o mércores 4 de setembro.

Dende o Concello agradecen a comprensión dos veciños e piden desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.

 

ÚLTIMAS

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando...

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as...