HomesociedadeRibeira Sacra remata agosto cun 85% de ocupación e comeza setembro cun...

Ribeira Sacra remata agosto cun 85% de ocupación e comeza setembro cun 52% das prazas reservadas

A ocupación final de agosto supera nun 10% as previsións que os responsables tiñan a principios de mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ribeira Sacra remata agosto cun 85% de ocupación. Nos Hoteis de 4 e 3 estrela a ocupación chegou ao 92%, en Turismo Rural foi do 85% e nas Vivendas de Uso Turístico do 80%. Noutros aloxamentos houbo unha ocupación do 82%.

Con respecto ao 2023, a ocupación é 5 puntos máis baixa. Aínda así, o número de prazas ocupadas é considerablemente maior.

  • Agosto 2023: 7673 prazas diarias ocupadas
  • Agosto 2024: 8200 prazas diarias ocupadas

Para setembro as previsións son chegar ao 52,5% de ocupación repartida do seguinte modo:

  • Hoteis 4 e 3*: 80%
  • Turismo Rural: 41%
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 30%
  • Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 59%

“As previsións atópanse, cos datos recollidos ata o de agora, uns 6 puntos por debaixo do o ano pasado nas mesas datas, pero o sector confía en acadar o 60 ou 65% de media se as condicións meteorolóxicas acompañan”, sinalan desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...