HomesociedadeO sector do viño concéntrase diante da sede do CRDORS e repetirán...

O sector do viño concéntrase diante da sede do CRDORS e repetirán o venres 13 ante a delegación da CMR en Lugo

A rúa do Comercio de Monforte encheuse este venres de xente para participar da concentración convocada conxuntamente polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e Unións Agrarias (UUAA) para pedir medidas urxentes de cara a solucionar a situación do sector.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na sede do C.R.D.O.R.S. fíxoselle entrega ao presidente, Antonio Lombardía, dun escrito compilando as seguinte proposta de medidas “para tentar, por unha banda, que a vendima 2024 non sexa un auténtico desastre para a Denominación de Orixe e para toda a Ribeira Sacra e, por outra, medidas para ter futuro”, como explican os sindicatos convocantes.

1.- Que o Pleno do Consello Regulador inste a Consellería de Medio Rural para que tomen medidas realmente efectivas para que aos viticultores e ás viticultoras que lles quede a uva sen recoller, teñan unha compensación económica que cubra, como mínimo, os custos de produción nos que incurriron durante todo o ano, “As medidas anunciadas non van impedir que quede a uva nas vides e que toda a perda vaia ser a cargo do viticultor ou viticultora”.

Mobilizacións viño Monforte / SLG

2.- Que se forme un grupo de traballo amplo para abordar a situación actual e as medidas para o futuro. As medidas que se poder estudar son, entre outras:

  • Poda en verde e baixar rendementos.
  • Destilación de crise
  • Limitar plantacións/Non permitir novas plantacións
  • Campaña de promoción importante diferenciando a DO Ribeira Sacra
  • Mapa claro que permita coñecer con certeza os límites da DO

3.- Maior información ás persoas viticultoras de todas as cuestións que teñan que ver coa actividade do Consello Regulador: mantelas informadas dos acordos que se tome e que lles afecten.

Mobilizacións viño Monforte / SLG

4.- Devolución das taxas cobradas ás persoas inscritas que este ano non poidan vender uva por causa que que non hai adega que lle recolla.

“As medidas anunciadas esta semana pola Consellaría do Medio Rural para xestionar a crise de excedentes na Ribeira Sacra, ademais de insuficientes, concretaranse inda dentro de moitos meses despois de que teña lugar a vendima, as medidas propostas hoxe permitirían abordar esta situación xa”, aclaran os sindicatos. Da concentración participaron representantes do equipo de goberno de Monforte e outros membros da corporación municipal, así como alcaldes e deputados da provincia vinculados a PSOE e BNG.

SLG e UUAA anuncian que se na vindeira semana a Xunta de Galicia non presenta novas medidas, as mobilizacións levaranse á delegación da Consellería de Medio Rural en Lugo, o venres, 13 de setembro.

Mobilizacións viño Monforte / SLG

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...