HomePolítica120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

A Consellería de Economía e Industria destinará este ano 120.000 euros á reforma e ampliación do aparcadoiro do polígono do Reboredo, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se realizará a actuación, cofinanciada mediante a orde de achegas aos concellos galegos para mellorar os seus parques industriais.

Esta nova axuda súmase aos case 200.000 euros concedidos nos últimos anos no marco deste mesmo programa para acometer melloras nas infraestruturas viarias do polígono monfortino, entre as que destaca o acondicionamento e ampliación dun camiño público co fin de pechar o parque polo lado Leste.

“Trátase dunha convocatoria anual para contribuír a potenciar os polígonos e fomentar o asentamento de novas empresas que creen emprego”, apuntou Arias. No ámbito da Zona Sur da provincia, Chantada tamén recibe apoio en 2024 para intervir na rede viaria do seu parque empresarial.

As achegas teñen un límite máximo de 120.000 euros por proxecto e van destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias, estas últimas son as actuacións máis demandadas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...