HomesociedadeMultitudinaria Romaría do Faro con entrega de novas xoias para a Virxe

Multitudinaria Romaría do Faro con entrega de novas xoias para a Virxe

Nesta ocasión aproveitouse a celebración da Misa Solemne das 13:00h, oficiada polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, para a entrega de novas xoias á Virxe do Faro. Antes da procesión das dúas imaxes, a nai e a filla, ao redor do santuario, o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e a ourive compostelá, Susi Gesto, fixeron entrega das xoias ao Bispo de Lugo, para posteriormente asinar a entrega e colocarlle as xoias ás dúas Virxes do Faro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 8 de agosto, o Concello de Chantada celebrou a Romaría do Faro, unha das súas citas máis tradicionais que leva ata o Monte Faro a milleiros de persoas devotas da Virxe do Faro.

A cita desde domingo coñécese como Festa da Natividade no Faro Grande e comeza na véspera, o 7 de agosto, co traslado da Virxe (a filla) desde a igrexa da parroquia de Requeixo para atoparse coa Virxe (a nai) que se garda na ermida do Faro.

Romaría do Faro 2024 / Concello de Chantada

Despois deste encontro, os actos centrais de celebración desenvólvense o día 8 de setembro no Santuario do Faro con misas que se desenvolven cada hora desde as 8.00h da mañá, tendo a Misa Solemne ás 13:00h. Despois da misa qua terá lugar este luns ás 17:00h no Faro, a Virxe baixa de novo a Requeixo onde haberá unha celebración litúrxica ás 19:30h. Ademais da romaría do 8 de setembro, o Faro Grande; o 15 de agosto tamén se honra á Virxe na celebración do Faro Pequeno.

Romaría do Faro 2024 / Concello de Chantada

A Virxe do Faro conta con grande devoción en Chantada e contorna polo que moitos romeiros soben ao Faro para asistir ós actos litúrxicos e participar de comidas campestres. A maioría das persoas chegan á cima do Monte Faro, a 1.155 m de altura, en coche, e moitas fano polo Camiño da Virxe onde é habiual ver a xente que sobe descalza ou de xeonllos ata chegar ao Santuario. Unha vez arriba as mostras de devoción sucédense, ben con velas ou querendo tocar ás Virxes que durante toda a mañá están expostas ao carón do altar ao aire libre no que teñen lugar os diferentes actos litúxicos, que nesta ocasión estiveron cantados polo grupo O Trícole.

Entrega á virxe do faro das xoias elaboradas no obradoiro impartido pola ourive susi gesto

As xoias creáronas 25 persoas de todas Galicia, que participaron do obradoiro “Virxe do Faro”, que impartiu a ourive compostelá, Susi Gesto, esta primavera na “Casa Losada” de Sabadelle. Colaborou da iniciativa o Concello de Chantada, o Bispado de Lugo e a Fundación Pública da Artesanía de Galicia.

Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada

Antes da presentación das xoias ao Bispo de Lugo, a veciñanza de Sabadelle e Susi Gesto ultimaron detalles para a ofrenda destas pezas e a súa entrega ao acalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. As novas xoias foran presentadas ao público no Pazo de Sabadelle durante o mes de xuño con motivo da  mostra, “O tempo que ficou no olvido”.

Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada

As xoias que luciron nai e filla gustaron aos romeiros congregados este domingo no Faro. Pola súa banda Manuel Lorenzo Varela destacaba a importancia de poñer en valor as tradicións, “A Romaría do Faro atrae cada ano a milleiros de fieis que desfrutan do 8 de setembro neste lugar tan emblemártico para as xentes de Chantada. Na Romaría do Faro mestúranse festa e devoción que xunta a familias enteiras que pasan aquí a xornada. Co acto de hoxe amósase o noso apoio a todo o que supoña poñer en valor o noso patrimonio e dignificar os nosos costumes e tradicións”.

Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...